El valor de un buen testimonio (íntegro y sin modificaciones). Aniversario del Taller contra la fatiga asociada al cáncer.Septiembre 2009

“Chámome Belén, chámome Rosa, chámome Maruja, Geni, Olimpia, Adelina, Lucía, Herminia, Isabel; falo no meu nome e no de todas e o primeiro que me gustaría dicir é unhas GRAZAS con maiúsculas por escoitarnos, pois este é o noso principal obxectivo, que se nos oia, pero sobre todo que se nos escoite.
Grazas por darnos a posibilidade de expresarnos e contar a nosa experiencia.
Somos un grupo de persoas afectadas por unha enfermidade con moi mal nome: cancro. Sabemos que moitos non saen dela pero outros moitos sí e decidimos ver o cacro como unha experiencia vital.
Esta enfermidade uniunos, pero más únenos a actitude tomada después do diagnóstico: o cancer también ten un lado positivo. Coñecemos máis á xente que nos rodea pero sobre todo coñecémonos a nós mesmas. É, sen dúbida unha experiencia catártica (de gran significado interno) tanto que a supervivencia non é suficiente e o que desexamos é calidade de vida.
A oncoloxía está moi organizada en torno á cirugía, a quimio e a radioterapia. Pero non se contemplan os ataques de pánico, a ansiedade, o cansazo, a fatiga...
Ata que un día o concello de Fene pon en marcha unha actividade deportiva dirixida aos enfermos de cancro co obxectivo de paliar a fatiga producida polos tratamentos e pola propia enfermidade. A partir de aí cada unha de nós adopta unha actitude activa coa axuda de Jose Barcia, o noso admirado profesor.Nas nosas primeiras clases estabamos expectantes, con medos, con inseguridades, con poucas forzas... pouco a pouco fomos collendo confianza en nós mesmas e a boa sintonía nos grupos provocou o establecemento dunha relación de confianza e seguridade. Fomos contaxiándonos dun optimismo vital.Afrontamos cada clase con entusiasmo, sentindo unha evolución positiva e progresiva no noso estado físico e psicolóxico: saliamos da actividade con ganas de mais, desexando que chegase a clase seguinte. sentindo beneficios non sólo nese momento, no momento da clase; nos cargábamos as pilas para o resto da semana na que debiamos afrontar situacións pouco agradables:probas, consultas, tratamentos...Jose, o noso profesor nos guía, nos orienta e nos asesora en cada exercicio, nos corrixe, nos escoita e nos explica os beneficios da actividade: melloras nas articulacións, a nivel cardiovascular, a nivel muscular, aumento da capacidade respiratoria, control postural, memoria, relaxación, etc, etc.
Enseguida comprobamos que a actividade está ao alcance de case todos e adáptase a cada unha das nosas posibilidades. É personalizada.
Así clase tras clase, día tras día, ata que a actividade que naceu en xullo do año pasado cumpre 1 ano. ¡Moitísimas felicidades!, o obxectivo conseguiuse con creces: a cada unha de nós axudounos e axuda a reincorporarnos á nosa vida cotiá más fortalecidas fisica e psicoloxicamente.Desexamos para o “enfermo de cáncer” un futuro que proporcione esperanza e calidade de vida , e con iniciativas como esta que ofrecen recursos para vivir mellor, este gran obxectivo resulta más próximo e accesible.
Reiteramos a nosa gratitude ao Concello de Fene, en concreto á Concellería de Deporte e a Carmen Silvar por ternos dado a oportunidade de participar nesta actividade que fixo que nos sintamos máis felices e que mellore a nosa calidade de vida.
Gustaríanos terminar cunha pequeña historia, unha historia con mensaxe:
Hai moito tempo, un rei colocó unha gran roca obstaculizando un camiño. Escondeusse e mirou para ver se alguén quitaba a tremenda pedra. Algúns pasaron simplemente dando unha volta. Moitos culparon ao rei por non manter os camiños despexados, pero ningún fixo nada para sacar a pedra do camiño. Un campesino que pasaba por alí cunha carga de verduras a viu. Ao aproximarse a ela, puxo a súa carga no chan e tratou de mover a roca ao carón do camiño. Despoís de empuxar e fatigarse moito, con gran esforzo, logrouno. Mentres recogía a súa carga de vexetais, viu unha bolsa no chan, xusto onde estivera a roca. A bolsa contiña moitas moedas de ouro e unha nota do mesmo rei dicindo que o ouro era a recompensa para a persoa que removese a pedra do camiño. O campesino aprendeu ese día que cada obstáculo pode estar a disfrazar unha oportunidade.
Grazas e felicidades, feliz cumpleanos!".

Comentarios

Entradas populares